BEAUTIFUL BEINGS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

NOVOS/AS CINEASTAS

BEAUTIFUL BEINGS (2022)

Guðmundur Arnar Guðmundsson

Islandia, Dinamarca, Suecia / 123 min / Ficción / Islandés

Ficha artística:

Birgir Dagur Bjarkason, Áskell Einar Pálmason, Viktor Benóný Benediktsson, Snorri Rafn Frímannsson

Ficha técnica:

Guión: Guðmundur Arnar Guðmundsson

Fotografía: Sturla Brandth Grøvlen

Edición: Andri Steinn Gudjónsson

Produción: Anton Máni Svansson

Sinopse:

Addi, un neno criado por unha nai clarividente, decide acoller no seu grupo de inadaptados a un rapaz que está a ser acosado. Deixados á súa sorte, os nenos exploran a agresión e a violencia, pero tamén aprenden sobre a lealdade e o amor. A medida que o comportamento do grupo avanza cara a situacións que ameazan a vida, Addi comeza a experimentar unha serie de visións oníricas. Poderá guialo a súa nova intuición de regreso a un camiño máis seguro, ou o avance cara a unha maior violencia será irrevogable?

Gudmundur Arnar Gudmundsson (Reikiavik, Islandia). Graduado na Icelandic Art Academy. Logo da súa graduación mudouse a Dinamarca e estudou escritura de guión. As súas curtametraxes foron seleccionadas en máis de 200 festivais e gañaron máis de 50 premios internacionais. Entre elas cómpre salientar unha mención especial para Whale Valley (2013) en Competición Oficial do Festival de Cannes e unha candidatura para os European Film Awards.

Premio FIPRESCI no Off Camera International Festival of Independent Cinema 2022

Sección Panorama da Berlinale 2022

Duración: 
123 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Martes, 15 Novembro, 2022
21:00
NUMAX
Sábado, 19 Novembro, 2022
17:30
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Beautiful Beings (Berdreymi) by Guðmundur Arnar Guðmundsson - International Trailer