CINEUROPA
CINEUROPA 40 ANOS
BATALLA EN EL CIELO (2005)
Carlos Reygadas
México, Francia, Bélxica, Alemaña / 98 min / Castelán
Ficha artística:
Marcos Hernández, Anapola Mushkadiz, Bertha Ruiz, David Bornstein, Rosalinda Ramírez
Ficha técnica:
Guión: Carlos Reygadas
Fotografía: Diego Martínez Vignatti
Edición: Adoración G. Elipe, Benjamin Mirguet, Carlos Reygadas e Nicolas Schmerkin
Produción: Philippe Bober, Susanne Marian, Carlos Reygadas, Jaime Romandia, Hamish McAlpine e Joseph Rouschop
Sinopse:
Marcos, chófer dun xeneral do exército, secuestra coa axuda da súa muller un sobriño do militar, pero o bebé morre accidentalmente. Incapaz de soportar a culpa, confésalle o crime a Ana, a filla do seu xefe, que leva unha vida sexual afastada das convencións sociais. Entre ambos os dous establécese unha relación ambigua.
PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL DE CINEMA DE RÍO DE XANEIRO 2005