CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
BASTARDEN / BASTARDO (A TERRA PROMETIDA) (2023)
Nikolaj Arcel
Dinamarca, Alemaña, Suecia, Noruega / 127 min / Ficción / Danés
Ficha artística:
Mads Mikkelsen, Gustav Lindh, Amanda Collin
Ficha técnica:
Guión: Nikolaj Arcel, Anders Thomas Jensen
Fotografía: Rasmus Videbæk
Edición: Olivier Bugge Coutté
Produción: Louise Vesth
Sinopse:
En 1755, o empobrecido capitán Ludvig Kahlen prepárase para conquistar os duros e inhóspitos páramos daneses cun obxectivo aparentemente imposible: crear unha colonia en nome do rei. A cambio, recibirá un título nobiliario que anhela con desesperación. Mais o único gobernante da zona, o desalmado Frederik de Schinkel, cre con fachenda que esa terra é de seu. Cando Schinkel se decata de que a súa criada Ann Barbara e mais o seu servil marido fuxiron para se refuxiaren con Kahlen, o privilexiado e rancoroso gobernante xura vinganza e promete facer todo o que estea ao seu alcance para escorrentar o capitán.
Nikolaj Arcel (Copenhague, Dinamarca). No 2001 graduouse na Danish National Film School e gañou o premio do xurado no Munich Film Festival e o gran premio do Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand coa súa película de graduación Woyzcek's Last Symphony, que tamén se proxectou no Festival de Locarno no 2003. O recoñecemento internacional chegoulle no 2012 co filme Un asunto real, que obtivo dous galardóns na Berlinale e unha candidatura como mellor película de fala non inglesa nos Óscar.
Candidata a mellor película no Festival de Venecia 2023