DÉCIMO CUARTO PREMIO PARA ARTISTAS NOVEIS 2025
O Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis chega a décima cuarta edición. A convocatoria segue a procurar a promoción da creación máis nova co obxectivo de fomentar os valores culturais, promocionar as e os artistas, incentivar a creación e apoiar a difusión dos seus traballos e o contacto co público. Un premio de ámbito autonómico dirixido a creadoras e creadores cuxa traxectoria non esté aínda consolidada, que naceran ou residan en Galicia e que sexan menores de 40 anos a 31 de decembro de 2025.
As / os artistas ou colectivos que se presenten deben cumprir os requisitos que se especifican nas bases.
- PRAZO de envío de solicitudes aberto desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña
- INSCRICIÓN sede.compostelacultura.gal
- Até venres 5 de setembro de 2025 ás 23.59 h.