BAR BOO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

BAR BOO (2026)

Josiño Araújo

España / 40 min / Galego, castelán

Participan:

Gustavo Salmerón, Enrique Lavigne, Antonio Mayans, Víctor Matellano, Marta Medina, Guillermo de Oliveira, Paco Fox, Daniel Lorenzo

Ficha técnica:

Guión: Josiño Araújo

Fotografía: Rubén Di Groovie

Edición: Denim Candenza

Produción: Josiño Araújo e Miriam P. Álvarez

Sinopse:

Luis Bar Boo (1927-2001) foi un actor e especialista vigués que participou en numerosas producións cinematográficas nacionais e internacionais, compartindo pantalla con figuras como Clint Eastwood, Arnold Schwarzenegger, Kirk Douglas, Sean Connery e Christopher Lee. Malia participar en películas tan emblemáticas como Por un puñado de dólares e Conan o bárbaro, a súa figura permaneceu esquecida para boa parte do público. A través de testemuños de actores, familiares e especialistas no xénero, este documental percorre a súa traxectoria e reivindica o legado dun profesional que dedicou a vida ao espectáculo e ao cinema.

Josiño Araújo é un cineasta, escritor e avogado vigués que compaxina a súa actividade profesional coa creación audiovisual e literaria. Dirixiu varias curtametraxes e videoclips, explorando diferentes formatos e linguaxes narrativas. En Bar Boo recupera a figura do actor e especialista Luis Bar Boo, reivindicando a súa contribución ao cinema.

 

SESIÓN ESPECIAL SITGES DOCUMENTA DO FESTIVAL DE SITGES 2026

 


Con presentación e coloquio

Duración: 
40 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Mércores, 18 Novembro, 2026
18:45
Auditorio de Galicia