BMSC · A BANDA NO ROCK · CONCERTO FAMILIAR

DATOS BÁSICOS

BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A COVA DAS LETRAS

 

CONCERTO FAMILIAR 'A BANDA NO ROCK'

A TROPA C NO PATIO DE BUTACAS

A Banda no Rock é un concerto cheo de enerxía e emoción no que se conta a historia de Pincho e Púa.
Pertencer a un grupo que comparte as túas paixóns pode ser a mellor rede de apoio cando as cousas se poñen difíciles. Pincho non está a pasar por un bo momento, pero grazas ás amigas, ao colectivo e á forza da música, vai atopar a maneira de superar as adversidades… ou, polo menos, de afrontalas con máis ánimo. Entre cancións, amizade e humor, descubriremos que a música tamén é compañía, forza e esperanza compartida.

Coas interpretacións de Cris Collazo e Josiño Porto,  e con arranxos de Manu Paino.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Info práctica: 
Domingo, 8 Marzo, 2026
12:00
Teatro Principal