BALLE VOYAGE

DATOS BÁSICOS

Iria Ares dirixe esta curtametraxe inspirada no cinema de Alfred Hitchcock e rodada na cidade da Coruña que se proxectará no Teatro Principal o mércores 13 de decembro con entrada de balde ata completar capacidade.

Ano de produción 2023
Xénero: Ficción
Duración: 18 min

Sinopse:

D é un axente que traballa para unha organización secreta de intercambio de favores.

Citado no elevador panorámico do Monte San Pedro da Coruña, descubrirá o cadáver da súa última vítima perfectamente colocado no interior do ascensor. Quen o colocou alí? Sen tempo para pensar, D choca fortuitamente contra Annie, unha auténtica moza Hitchcock. As lentes de Annie caen ao chan e rompen. Mal día para namorarse. D tentará escapar co cadáver, pero acabará atrapado no interior do ascensor con Annie, un grupo de nenos e uns cómicos que acoden a unha festa infantil que se está organizando no parque.

A súa única opción: facerse pasar por un membro da compañía. Finalmente, D descubrirá quen meteu o cadáver no ascensor e por que. Outro axente da organización busca vinganza por un asunto pendente.  D terá que escoller entre escapar ou salvar a Annie… e os nenos.

Duración: 
18 min
Acceso: 
  • Entrada libre ata completar capacidade
Info práctica: 
Mércores, 13 Decembro, 2023
20:30
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Balle Voyage TRAILER