RFG · BAILAMOS?

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» 

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Jeannette Sorrell, directora

PROGRAMA

Marco Uccellini: La Bergamasca (arr. J. Sorrell)
Diego Ortiz: Recercada #1 sobre «La Spagna» 
Diego Ortiz: Recercada #2 sobre «Passamezzo moderno»
Biagio Marini: Passacaglia
Marin Marais: Suite da ópera «Alcione» (ed. J. Sorrell) 
Antonio Vivaldi: Ciaconna en Do (arr. J. Sorrell)
Georg Friedrich Händel: Suite de «Terpsichore» (Il pastor fido) 
Antonio Vivaldi: La Follia (arr. J. Sorrell)

Bailamos? corre a cargo da directora e arranxista Jeannette Sorrell, reputada especialista no repertorio antigo. A norteamericana destaca pola súa enerxía escénica, inspirada na súa persoal visión do concepto barroco do Affekt —a transmisión dos estados emocionais a través da música—. O programa ábrese con La Bergamasca de Marco Uccellini, unha danza elegante e sobria que figura entre as poucas obras conservadas do músico. Do compositor renacentista Diego Ortiz interprétase a Recercada 1 sobre «La Spagna», lenta e refinada, e a do «Passamezzo moderno», rítmica e viva, como as Passacaglia de Biagio Marini, do que foi un excelso cultivador entre viaxes e matrimonios. Sorrell arranxa a suite de Alcione do cinematográfico Marin Marais, que dá paso a unha exuberante peza de baile de orixe española, a Ciaconna en Do de Vivaldi. Händel fixo en 1734 a súa persoal homenaxe á danza coa suite do ballet Terpsichore, levado polo furor que causaba en Londres a tradición da danza francesa. Para finalizar, todo un alarde: as 19 variacións que Vivaldi compuxo sobre unha música feita para danzar, La Follia. 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Entradas á venda a partir do 22 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, persoas con discapacidade, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Mércores, 5 Maio, 2027
20:00
Auditorio de Galicia