AURORA BOREAL
PAULA QUINTAS
Idade recomendada: > 12 anos
Duración: 50 min
Lingua: sen texto
Foco Creadoras de escena
En Aurora Boreal exponse a permanencia das cousas. Reflexiónase sobre a durabilidade dunha obra escénica. Pode cambiar co tempo? Precisa mudar, ou quedar conxelada? A fugacidade como unha esixencia social xa constituída aparentemente aprobada pola sociedade. Aurora Boreal parte deste concepto do ser exposto ante unha sociedade de consumo efémero, onde a atención humana cada vez é mais escasa. Como a danza que realiza a luz nas xeografías nórdicas, esas luminosidades fugaces aparentes, que só acontecen nunha época determinada do ano, cultívase a paciencia, e é tan rápida que nos deixa unha sensación de serenidade fuxidía: o efémero e o cambiante, onde o obxecto é moi importante en relación co corpo a modo de paralelismo ou interacción.
Dirección: Rut Balbís
Cocreación: Rut Balbís e Paula Quintas
Interpretación: Paula Quintas
Iluminación: Octavio Mas
Vestiario: Jandro Villa
Composición musical: Macarena Montesinos e Nacho Muñoz
Composición audiovisual: Carla Andrade
Asesoría de movemento: Tanit Cobas
Asesoría artística: Manu Lago- Galicia Danza Contemporánea.
Foto: Alberte Peiteavel
Audiovisual: Miramemira
Distribución: Lilian Portela- AMARELO Distribución Escénica