CINEUROPA ·
SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
AURORA (2024)
Area Erina
Galicia / 65 min / Documental / Galego
Ficha técnica:
Guión: Area Erina
Fotografía: Area Erina
Edición: Area Erina, Andrés Goteira
Produción: Laura Doval, Antonio D. Morris, Suso López, Andrés Goteira
Tras a proxección, coloquio co equipo responsable do filme
Sinopse:
Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversas ligadas á morte, a familia, a guerra e a muller.
A cámara é o terceiro personaxe nesta permanente procura na que a mirada, ao igual ca elas, varía organicamente no tempo.
Area Erina (Vigo). Licenciada en Humanidades pola Universidade Carlos III de Madrid, ten un Master de Ensino da Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Formouse en edición e montaxe de vídeo en diversas escolas e cursos en Madrid e en Galicia. Como artista visual cultiva diversas disciplinas como o vídeo, a fotografía, a colaxe ou o celuloide, e dilúe os límites entre elas, pasando do plástico e analóxico ao dixital. Traballou como técnica de edición para varias produtoras e mais como realizadora freelance de publicidade, videoclips e promoción de cinema e teatro. É realizadora audiovisual no campo do cinema de non-ficción e experimental e no da montaxe en directo.
Premio CIMA e premio mellor interpretación (Aurora Álvarez) na sección Panorama Galicia no OUFF 2024
Sección oficial no festival de Málaga 2024