ATLAS (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN PARALELA PAÍS CONVIDADO: SUÍZA. PERSPECTIVAS SUÍZAS                    

Niccolò Castelli   

Suíza / 90 min / Ficción / Italiano

Ficha artística

Matilda De Angelis, Helmi Dridi, Angelo Bison, Nicola Perot, Kevin Blaser, Irene Casagrande

Ficha técnica

Guión: Niccolò Castelli, Stefano Pasetto

Fotografía: Pietro Zuercher

Edición: Esmeralda Calabria

Produción: Villi Hermann, Michela Pini, Alessandro Marcionni, Caroline Houben, Olivier Rausin, Carlo Cresto-Dina

Allegra é unha moza vivaz que se criou na zona de fala italiana na tranquila e pacífica Suíza. Ten tres grandes amigos que comparten a súa paixón polo montañismo. Un día deciden viaxar a Marrocos para chegar á cima do Atlas, pero a súa viaxe remata abruptamente cando un terrorista fai explotar unha bomba nunha cafetería e os seus tres amigos morren no ataque. Meses despois, incapaz de superar o trauma, decide deixar á súa familia e regresar á cidade para volver traballar. Alí, o encontro con Arad, unha rapaza refuxiada de Oriente Medio, obrígaa a afrontar a súa percepción da realidade, os seus medos e curar as súas fondas feridas internas.

Candidata a mellor película e mellor fotografía nos Premios do Cinema Suízo 2021

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 18 Novembro, 2021
18:00
Teatro Principal
Luns, 22 Novembro, 2021
20:15
Auditorio de Galicia