ASTRAKAN 79

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · DOCS CINEUROPA

ASTRAKAN 79 (2023)
Catarina Mourão
Portugal / 64 min / Ficción / Portugués, ruso

Ficha artística:
Martim Santa Rita, Masari, Mateus M Santa Rita

Ficha técnica:
Guión: Catarina Mourão 
Fotografía: Paulo Menezes
Edición: Pedro Mateus Duarte
Produción: Tiago Hespanha, Luisa Homem, Anastassia Kortsinskaja, João Matos, Catarina Mourão, Susana Nobre, Leonor Noivo, Pedro Pinho

Sinopse:
Martim, de 57 anos, lembra a súa estadía de un ano e medio na Unión Soviética en 1979. Ten 15 anos e é un neno de aspecto inocente. Os seus pais, militantes do Partido Comunista, pensan que o mandan a un lugar seguro, a unha sociedade á altura de todos os seus ideais. Martim viaxa en tren de Moscova a Astracán, a través do delta do Volga, cruzando o mar Caspio e chegando a Acerbaixán. Pasa á clandestinidade, deixa a escola e namórase. O ideal comunista inculcado polos seus pais pérdese. Corenta anos despois, Martim decide contarlle todo por primeira vez ao seu fillo, unha historia convertida nun tabú familiar.
Catarina Mourão (Lisboa, Portugal). Estudou leis, música e cinema. Foi a fundadora de AporDoc (Asociación do Documental Portugués) e é docente cinematográfica dende 1998. No ano 2000 creou Laranja Azul con Catarina Alves Costa, unha produtora independente de cinema. Nese contexto dirixiu os seus primeiros filmes, que foron presentados e galardoados en diversos festivais internacionais de cinema. As súas áreas principais de interese son o documental, a memoria, os soños, o traballo co material de arquivo e a autobiografía.

Premio á mellor dirección da competencia estatal no IndieLisboa 2023
 

Duración: 
64 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre quince minutos antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 16 Novembro, 2023
19:15
NUMAX
Luns, 20 Novembro, 2023
17:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Trailer | Astrakan 79 | Catarina Mourão