EN FAMILIA · A TROPA NA CASA · XOGAMOS!
Idade recomendada: de 1 a 12 anos
Duración: 2 h
Lingua: galego
ASOCIACIÓN DO XOGO TRADICIONAL
Aros, cordas, maiolas, chaves, zancos ou ras son só algúns dos trebellos característicos dos xogos tradicionais e populares que ao longo dos anos fixeron brincar á rapazada. A Asociación do Xogo Tradicional leva á Casa das Máquinas unha feixe de propostas para xogarmos coma antes, ou coma sempre, e redescubrir e gozar do patrimonio lúdico galego.