CINEUROPA
PROXECCIÓN ESPECIAL. CLAUSURA
ASÍ CHEGOU A NOITE (2025)
Ángel Santos
España / 122 min / Ficción / Galego, castelán
Ficha artística:
Denis Gómez, Violeta Gil, Miquel Insua
Ficha técnica:
Guión: Ángel Santos, Pablo García Canga
Fotografía: Iván Castiñeiras
Edición: Marcos Flórez
Produción: Alfonso Zarauza, Ángel Santos, Daniel Froiz
Sinopse:
Un escultor establece o seu obradoiro nunha apartada zona rural da costa galega. Aos poucos vai illándose da súa contorna, cortando todo contacto con amigos e familiares. Cando unha antiga amante acuda ao seu encontro, provocará nel unha reflexión sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida.
Ángel Santos debutou na longametraxe con Dos fragmentos/Eva (2012). As altas presións (2014), a súa segunda película de ficción, foi estreada no Festival Internacional de Busan e obtivo o Premio Novas Ondas no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Escribiu sobre cinema en Miradas de Cine, Blogs & Docs e Shangri-la, e é cofundador de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, do que foi director artístico nas súas cinco primeiras edicións. Como docente, está implicado desde hai unha década no proxecto educativo Cinema en Curso (A Bao A Qu / CGAI).
Sección Oficial do Festival de Cine de Xixón 2025