CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS
ARTURO A LOS 30 (2023)
Martín Shanly
Arxentina / 92 min / Ficción / Español, inglés
Ficha artística:
Martín Shanly, Camila Dougall, Julia Azcurra, Ivo Colonna Olsen, Paul Grinszpan
Ficha técnica:
Guión: Martín Shanly, Ana Godoy, Federico Lastra, Victoria Marotta
Fotografía: Federico Lastra
Edición: Ana Godoy
Produción: Jerónimo Quevedo, Victoria Marotta, Paloma Torras, Franco Bacchiani
Sinopse:
Arturo asiste á voda do seu ex mellor amigo. Na viaxe en coche entre a igrexa e o club onde se celebra a festa, vese involucrado nun estraño accidente do que dá saído ileso. A partir daquela, unha serie de lembranzas comezan a aparecer en forma de flashbacks que inclúen eventos recentes significativos pero mundanos. Ao se intoxicarse con alcol e marihuana, o pasado e mais o presente fusiónanse de xeito incómodo, obrigándoo a afrontar dós pendentes e mais os aspectos máis escuros da súa personalidade.
Martín Shanly (Bos Aires, Arxentina). É un actor e director novo que debuta na longametraxe con esta película. Procedente do mundo do teatro, estudou cinema na Universidade do Cinema da súa cidade natal. No 2014 debutou con Juana a los 12. Arturo a los 30 é a súa segunda longametraxe.
Mellor director na competencia arxentina de BAFICI 2023
Sección Fórum da Berlinale 2023