ARTES ESCÉNICAS 2023

DATOS BÁSICOS

Compostela Cultura presenta o seu programa de Artes Escénicas para o primeiro semestre de 2023.

Son un total de 32 propostas de teatro, danza e circo, cunha programación especial En Familia dentro da cal temos o #PorVezPrimeira, espectáculos dirixidos a bebés.

As funcións serán 43 e poderemos velas no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal.

As entradas poden mercarse a partir de mañá, venres 2 de decembro, ás 11.00 h tanto na páxina web compostelacultura.gal como na Zona C, na Praza de Cervantes, no seu horario habitual: de martes a sábado, de 11 a 14 h e de 16 a 19 h.

Ademais, poderán mercarse os días de espectáculo na sala na que se celebren, desde unha hora antes do inicio do evento.

DESCARGA AQUÍ ABAIXO O CATÁLOGO CON TODA A PROGRAMACIÓN!

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 1 Decembro, 2022 a Mércores, 21 Xuño, 2023
Varios lugares