CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
AQUÍ (2026)
Tiago Guedes
Portugal, Francia / 204 min / Castelán
Ficha artística:
Manolo Solo, Patricia López Arnaiz, Álex Peláez, Hugo Encuentra, Daniel Elías, Lambert Wilson, Sergi López, Ángela Molina
Ficha técnica:
Guión: Tiago Guedes e Luís Araújo. Baseado na Triloxía de Xesús de J. M. Coetzee
Fotografía: Daniela Cajías
Edición: Jackie Bastide e Tiago Augusto
Produción: Paulo Branco
Sinopse:
Nun lugar onde todos comezan de novo, sen pasado, Simón faise cargo de David, un neno que coñece durante a travesía cara a unha nova vida. Movido por unha convicción inexplicable, busca a nai do rapaz e recoñece en Inés a muller axeitada para asumir ese papel. Ela acepta e entre os tres xorde un vínculo afectivo singular, no que a idea de familia se reinventa a cada paso. Pero, nunha sociedade que impón normas e percibe a diferenza como unha ameaza, David resístese a encaixar e reivindica a imaxinación e a liberdade. A crianza convértese así nunha viaxe incerta, unha busca sen respostas na que amar tamén significa aceptar que non sempre podemos comprender o outro.
Tiago Guedes é un cineasta, guionista e director teatral portugués. Codirixiu con Frederico Serra curtametraxes e longametraxes como Coisa ruim (2005) e Entre os dedos (2008). Xa en solitario, dirixiu A herdade (2019), seleccionada para representar a Portugal nos Óscar, e a serie Glória (2021), a primeira produción portuguesa orixinal de Netflix. En 2022 presentou en Cannes Restos do vento.
SECCIÓN OFICIAL DA SEMINCI 2026