APAGA O CANDIL
CONTRAPRODUCIÓNS
Idade recomendada: > 10 anos
Duración: 75 min
Lingua: galego
Posfunción ao remate do pase do 9 de maio
Foco Memoria en escena
Noite de luar. Encrucillada de camiños. Entra en escena un home miúdo e melancólico. É o personaxe d’O Xestal. Cun candil na man, vestido de repoludo gaiteiro rosaliano, sáelle ao paso un mozo novo e garrido. É a morte. O Xestal négase a recoñecer a morte en tan atípica fasquía. Cando finalmente a recoñece resístese a seguila, establecéndose entre eles unha dinámica e amena tirapuxa na que se entreverán os episodios máis significativos da vida d’O Xestal con algún dos seus contos máis divertidos.
Autoría e texto: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Elenco: Avelino González e Toni Salgado
Espazo sonoro e musical: Xurxo Souto e Richi Casás
Iluminación e técnica: Miguel Cabaleiro e Afonso Castro
Escenografía: Pablo Giráldez «O Pastor»
Vestiario: De Cotío
Asesoría no baile: Chus Caramés
Cartel: Juan Gende
Técnico de gravación: Tomás Ageitos