CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
ANOCHE CONQUISTÉ TEBAS (2025)
Gabriel Azorín
España, Portugal / 112 min / Ficción / Portugués, galego, latín
Ficha artística:
Santiago Mateus, Pavle Čemerikić, Oussama Asfaraah, António Gouveia
Ficha técnica:
Guión: Gabriel Azorín, Celso Giménez
Fotografía: Giuseppe Truppi
Edición: Ariadna Ribas
Produción: Rodrigo Areias, Roi Carballido, Beli Martínez, Carlos Pardo Ros
Sinopse:
Nunha fría tarde de inverno, dous mozos portugueses, António e Jota, e un pequeno grupo de amigos cruzan a fronteira cara ás antigas termas romanas dunha zona rural galega. Mentres se bañan, acontece algo especial: o vapor, a noite e a auga parecen alterar o estado de ánimo dos presentes. Ao caer a escuridade, confésanse medos e agarimos ocultos. Entón descubrimos que non están soamente eles: noutro tempo, dous soldados romanos viven un momento semellante, cos mesmos temores e as mesmas dores. A auga, o espazo e o tempo convértense nun lugar de intimidade onde habita o medo a perder o mellor amigo e tamén o impulso de dicir o nunca dito.
Gabriel Azorín é diplomado en Dirección pola ECAM, onde tamén exerce como titor da especialidade de Documental. A súa curta de graduación, Los galgos (2011), estreouse na Seminci, no apartado dedicado á escola madrileña. Integrante do colectivo lacasinegra, os seus traballos participaron en festivais como San Sebastián, Entrevues, Festival dei Popoli, Sevilla ou Ficunam. A súa filmografía inclúe a mediometraxe Los mutantes (2016) e as curtametraxes Mañana vendrá la bala (2015) e El ruido del universo (2024). Anoche conquisté Tebas (2025) é a súa primeira longametraxe.
Premio Anguía de Ouro ao Mellor Guión e Fotografía no Festival de Venecia 2025