ANNA FERRER + COCANHA

DATOS BÁSICOS

Os concertos da segunda edición do encontro O QUE NON SE ESCRIBE pecharanse con este evento. Ás 20h30 Anna Ferrer presentará Parenòstic, un espectáculo cru e sofisticado dirixido por Niño de Elche no que a artista pon en equilibrio o debate interno entre a creación contemporánea e a tradición, entendendo que son un todo. Na escena, ela soa reinterpretando desde tres olladas diferentes e diferenciadas os cantos tradicionais das Illes Balears.
 
E a continuación, o dúo occitano Cocanha presentará o seu novo disco, Puput, producido por Raül Refree, que soubo capturar á perfección a intensa delicadeza da súa música. As voces de Cocanha proxéctanse ao ritmo da pulsación dos tambores de cordas e a percusión corporal, levando o repertorio tradicional occitano ao seu terreo de xogo e explorando sonoridades únicas cunha mensaxe que cuestiona a misoxinia e a relación coa norma social.

Entradas: 

ENTRADAS DISPOÑIBLES A PARTIR DO MÉRCORES 6 DE ABRIL ÁS 11.00 H

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 14 Maio, 2022
20:30
Teatro Principal