Animacreques

DATOS BÁSICOS

A partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa da Compañía Catropés. Xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

Catropés e unha compañía galega de nova creación formada por Vanessa Rivas e Ánxela Blanco. Compartiron camiño no escénico, nas viaxes e nos contos, e achéganse nesta ocasión para desenvolver o seu primeiro proxecto conxunto: Animacreques.

O programa Cultura no Camiño desenvolve a súa sexta edición coa implicación de 103 concellos situados nas rutas xacobeas para despregar unha interesante carteleira a través da que a nosa produción escénica e musical sae ao encontro dos espectadores galegos, dos peregrinos e de todos cantos nos visítan nestas datas.

Acceso: 

Acceso libre

Info práctica: 
Martes, 14 Agosto, 2018
13:00
Cidade Vella de Compostela