ANTÍA MUÍÑO
MÚSICA · CICLO FIESTRA ABERTA
Antía Muíño presenta Anfibia Por Veces, o seu segundo disco, un traballo precioso e contemporáneo no que a canción continúa no centro. Entre a música de raíz e o jazz-pop, a intimidade das súas autorías dialoga co pulso do canto e da percusión tradicional, consolidando esa linguaxe propia que a situou como unha das revelacións da nova canción galega. Para este concerto especial na súa cidade, Antía Muíño propón un directo luminoso e cheo de forza colectiva, arroupada por todas as artistas que participan no álbum.
(Fotografía: Mar Súarez)