AMOUR

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

‘Amour’, un espectáculo teatral dirixido a toda a familia que nos foi reflexionar sobre a delgada liña que existe entre a desafección e o amor incondicional. Un canto ao encontro entre diferentes, unha chamada a liberarnos dos prexuízos. Producido polo Teatro Arriaga e Marie de Jongh (Tartean Teatroa), conta ademais coa coproducción de Basauri Sozial Antzokia e a colaboración do Teatro Victoria Eugenia. Agora, chega en xira a Compostela este espectáculo que, entre outros moitos, foi Premio MAX 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil e Familiar; Premio FETEN 2016 ao Mellor Espectáculo e Premio ERCILLA 2015 á mellor produción vasca.

SINOPSE

Uns nenos xogan no país onde todo empeza. Afánanse en descubrir o mundo transformando o seu universo. Imitan aos maiores, con audacia e desenfado. Atrévense a amar sen saber cal é o seu verdadeiro significado. Non dubidan en pórse a mal antes, mesmo, de atopar a palabra odio nos seus petos. Saben de cheiros, pel, caricia, abandono, refuxio, desexo. Non saben do tempo.

E de súpeto, transcorreron máis de sesenta anos.

Agora, envellecidos, sacan dos petos multitude de palabras que caen como follas marchitas. Saben de cheiros, pel, caricia, abandono, refuxio, desexo. E, paradoxalmente, non dubidan en pórse a mal cando xa coñecen o verdadeiro significado de amar. Saben do tempo. O que non saben é que o amor sempre nos dá unha oportunidade.

Duración: 
55
Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.
Teléfono: 981 542 349
compostelacultura.gal

Prezo: 4 € (Bono Familiar: 4 entradas por 12 €, só á venta na billeteira)

Funcións: 
Sábado, 22 Setembro, 2018
18:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural