AMEN./ AMÉN.

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

CINEUROPA 40 ANOS

AMEN. / AMÉN. (2002)

Costa-Gavras

Francia, Alemaña, Romanía / 132 min / Inglés, francés, italiano, alemán

Ficha artística:

Ulrich Tukur, Mathieu Kassovitz, Ulrich Mühe, Michel Duchaussoy, Ion Caramitru, Marcel Iureș, Friedrich von Thun, Antje Schmidt, Sebastian Koch

Ficha técnica:

Guión: Costa-Gavras e Jean-Claude Grumberg. Baseado na obra teatral O vicario de Rolf Hochhuth

Fotografía: Patrick Blossier

Edición: Yannick Kergoat

Produción: Andrei Boncea, Michèle Ray-Gavras, Claude Berri, Pierre Grunstein, Dieter Meyer e Roland Pellegrino

Sinopse:

Durante a Segunda Guerra Mundial, Kurt Gerstein, un oficial das SS que traballa no abastecemento de produtos químicos aos campos de concentración, descobre que o gas que axudou a desenvolver se utiliza para exterminar a poboación xudía. Horrorizado, tenta denunciar os crimes nazis ante o Vaticano e os aliados. Co apoio de Riccardo Fontana, un mozo sacerdote xesuíta, emprende unha loita contra o silencio e a pasividade das institucións, arriscando a súa propia vida e a da súa familia.

 

MELLOR GUIÓN NOS CÉSAR 2003

 

Duración: 
132 MIN
Acceso: 

- Para as proxeccións de todas as salas:

  • compostelacultura.gal
  • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
  • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 

- En cada sala, para as proxeccións dese espazo:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

 

Info práctica: 
Mércores, 11 Novembro, 2026
18:15
Teatro Principal
MULTIMEDIA