DE PISTA4/DUELIRIUM/TRASPEDIANTE
EscenaGZ. TerritoriodasMulleres
Idade: adultos
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
ALMA (non é hippie) é o primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañías Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro. ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as aparencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.
Dirección: Rolando San Martín
Intrépretes: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas, Marçé Solé
Escenografía e deseño son: Rolando San Martín
Deseño iluminación: Fidel Vázquez
Vestiario: Fany Bello
Música: Judas Diz e Rolando San Martín
Coreografía: Rolando San Martín / Colectivo Verticalia
Web: pistacatro.com
Club C!
#POSFUNCION. Ao remate da función o día 4 de maio
Unha vez cae o pano, os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.
#CONVERSANDO. Venres 3 de maio de 18.30 a 20.00 h conversamos sobre O novo circo tamén territorio de mulleres
Casa das Mulleres Xohana Torres
Público adulto
Ata completar capacidade
#POÑER O CORPO. O xoves 2 de maio de 18:00 a 21:00 h terá lugar un taller dirixido a adultos baixo o título Corpo consciente. Taller de empoderamento a través de técnicas circenses.
Sala Mozart do Auditorio de Galicia
Público: adulto
Capacidade: 30
Inscrición: no mail comunicacion@auditoriodegalicia.org indicando a actividade a que queres asistir. A asignación farase por estrito orde de chegada da solicitude