ALÉN

DATOS BÁSICOS

COLECTIVO GLOVO

Idade recomendada:Todos os públicos
Duración: 55 min
 

ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea interpretada por catro bailarinas que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como un destino, senón como un proceso: o intre no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. Propón unha experiencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dese territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. Nunha proposta dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.
 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 7 Maio, 2026
20:30
Teatro Principal