CINEUROPA · PANORAMA INTERNACIONAL
AKU WA SONZAI SHINAI / O MAL NON EXISTE (2023)
Ryusuke Hamaguchi
Xapón / 106 min / Ficción / Xaponés
Ficha artística:
Hitoshi Omika, Ryô Nishikawa, Ryûji Kosaka
Ficha técnica:
Guión: Ryusuke Hamaguchi
Fotografía: Yoshio Kitagawa
Edición: Ryûsuke Hamaguchi, Azusa Yamazaki
Produción: Ryûsuke Hamaguchi, Shô Harada, Eiko Ishibashi, Tomohisa Ishii, Satoshi Takada, Katsumi Tokuyama
Sinopse:
Takumi e a súa filla Hana viven nunha aldea nos arrabaldes de Tokio. A súa vida vese fondamente afectada ao descubriren que preto da súa casa se vai construír un luxoso cámping para que os habitantes da cidade fagan escapadas cómodas á natureza. Cando dous representantes dunha empresa de Tokio chegan á aldea para celebraren unha xuntanza, queda claro que o proxecto vai ter un impacto negativo na subministración de auga local e que vai provocar disturbios. As intencións desiguais da axencia poñen en perigo o equilibrio ecolóxico da meseta e mais a súa forma de vida.
Ryusuke Hamaguchi (Kanagawa, Xapón). Cursou un Mestrado en Cinema na Universidade de Tokio. A súa primeira longametraxe, Passion (2008), estreouse no Festival de San Sebastián. Logo virían títulos como Intimacies (2012), Touching the Skin of Eeriness (2013), Happy hour (2015) ou as multipremiadas Asako I & II (2018) e Drive my car (2021).
Gran Premio do Xurado no Festival de Venecia 2023