AGROMANTES

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

AGROMANTES (2022)

Cora Peña

España / 72 min / Documental / Galego, español

Ficha técnica:

Guión e produción: Cora Peña

Operadores cámara: Cora Peña, Adrián Van Halten, Pablo Dios

Son directo e posprodución de son: Jorge Colado

Música: Bernardo Martínez

Deseño: Nuria Barreras

Sinopse:

Un grupo de persoas xúntase para compartir as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada. Entre todas van trazando un debuxo complexo de como se vive nestas condicións de sufrimento psíquico intenso, nun ambiente de estigma, incomprensión e, se cadra, ata malos tratos frecuentes. Pero na escena tamén aparece o humor, autoconsciencia e unha gran sensibilidade que interpela directamente ao inadvertido espectador.

Cora Peña (Vigo). É licenciada en Ciencias da información (UCM) e graduada en Dirección de fotografía (EICTV, Cuba). Ten algunhas incursións na ficción, pero o que máis practica é o xénero documental, no que escribe, produce e dirixe, nunha sorte de produción de guerrilla á que moitas veces engade cámara e montaxe. Outros traballos de autoría propia son os documentais Apash, os de fóra e Tesouro de Corcoesto, mellor película galega na MICE e mención de honra no FICAMS (Chile).

AO REMATE DA PROXECCIÓN, HABERÁ COLOQUIO.

Duración: 
72 MIN
Entradas: 

DE BALDE PREVIA RETIRADA DE CONVITE

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 10 Novembro, 2022
18:40
NUMAX
MULTIMEDIA

Agromantes_trailer