AFFEKSJONVERDI/ SENTIMENTAL VALUE / VALOR SENTIMENTAL

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

AFFEKSJONVERDI / SENTIMENTAL VALUE / VALOR SENTIMENTAL (2025)

Joachim Trier

Noruega / 135 min / Ficción / Noruegués

Ficha artística:

Renate Reinsve, Stellan Skarsgård, Inga Ibsdotter Lilleaas

Ficha técnica:

Guión: Joachim Trier, Eskil Vogt

Fotografía: Kasper Tuxen

Edición: Olivier Bugge Coutté

Produción: Maria Ekerhovd, Andrea Berentsen Ottmar

Sinopse:

As irmás Nora e Agnes reencóntranse co seu pai afastado, o carismático Gustav, un antigo director de prestixio que lle ofrece a Nora, actriz de teatro, un papel na súa próxima película. Cando ela rexeita a proposta, descobre que o papel foi parar a unha nova e entusiasta estrela de Hollywood. De súpeto, as dúas irmás vense obrigadas a enfrontar a súa complexa relación co pai, mentres unha actriz estadounidense irrompe no centro da súa xa delicada dinámica familiar.

Joachim Trier é un director e guionista noruegués que provén dunha familia de cineastas. Na súa adolescencia foi campión nacional de skate e comezou a rodar os seus propios vídeos. Estudou na European Film College de Dinamarca e na National Film & Television School do Reino Unido. O seu debut, Reprise (2006), foi aclamado pola crítica e galardoado en numerosos festivais. É coñecido pola súa “Triloxía de Oslo”, composta por Oslo, 31 de agosto (2011) e A peor persoa do mundo (2021), esta última nomeada ao Óscar ao Mellor Guión Orixinal e á Mellor Película Internacional. Outros títulos destacados son Máis forte que as bombas (2015) e Thelma (2017).

 

Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes 2025

 

Duración: 
135 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Sábado, 8 Novembro, 2025
19:15
Teatro Principal
Domingo, 9 Novembro, 2025
17:15
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Sentimental Value | Trailer Español Subtitulado (2025)