ADOLESCENTES (21 RETRATOS FILMADOS) (2011)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA | CICLO ‘PAISAXES URBANAS NO CINEMA GALEGO’

 

Ángel Santos

España / 63 min. / Ensaio / Sen diálogos

 

Ficha técnica:

Fotografía: Ángel Santos

 

Sinopse:

Adolescentes é unha sucesión de retratos filmados. O seu motivo de estudo son os mozos e mozas que, en pequenos ou grandes grupos, en parella ou en solitario, esperan nas rúas a que o tempo pase. Uns retratos nos que tan importante é a actitude da nosa mirada como a que os mesmos protagonistas das imaxes lle devolven á cámara ou proxectan ao seu arredor.

Duración: 
1 h 03 min
Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Funcións: 
Mércores, 13 Novembro, 2019
20:00
Museo das Peregrinacións

UBICACIÓN