CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
ADIÓS, RÍOS (2026)
Sebastián Uría
España / 80 min / Galego, castelán
Ficha artística:
Amador Arias, María de la Fe Pérez, María Felicitas Herbón, Jesús Fernández «Veiguiña», Ignacio González, Johannis Hogenkamp, José Luis López, Iván Arias
Ficha técnica:
Guión: Santiago Uría
Fotografía: Ion de Sosa
Edición: Ana María S. M. Castro
Produción: Gael Herrera, Lautaro Herrera e Sebastián Uría
Sinopse:
Os últimos habitantes dunha aldea dos Ancares resisten fronte á despoboación e ao illamento. Eladio, o garda forestal da comarca, busca unha osa que deambula polo val. Cando Xacobo, un ancián do lugar, se perde no monte, os acontecementos toman un rumbo inesperado mentres se entretecen historias de coidados, perda e resistencia.
Sebastián Uría é cineasta, guionista e produtor. Coa súa primeira curtametraxe de ficción, Saudade (2015), obtivo premios en festivais de Europa e África. Posteriormente dirixiu Marseille en V.O. (2016) para o Museo das Civilizacións de Europa e do Mediterráneo (MuCEM), e realizou as curtametraxes O paxaro afundido (2019), O derradeiro tiro (2023) e Segador (2024). O seu cinema explora a relación entre comunidade, paisaxe e memoria, con especial atención ao abandono rural e ás tensións entre o humano e o non humano. Adiós, ríos é a súa primeira longametraxe.
PREMIO PILAR MIRÓ Á MELLOR DIRECCIÓN NA SEMINCI 2026
Con presentación e coloquio