CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027
FÍOS SONOROS
ADHARA DÚO
Mariana Moita, violín
Lara Martínez Taboada, piano
PROGRAMA
Grazyna Bacewicz (1909-1969) Sonata núm. 4 (1949)
Lera Auerbach (1973) 24 Preludes para violín e piano op. 46. Selección (1999)
Reena Esmail (1983) Jhula Jhule* (2013)
Kelly-Marie Murphy (1964) Fire-and-Ice-Bodied-Doubled-Up-Withdrawal- Anxiety* (2023)
*Estrea en España
O Dúo Adhara propón un percorrido por setenta e cinco anos de creación para violín e piano a través das obras de catro compositoras que, desde perspectivas diversas, contribuíron á evolución da música contemporánea. As súas obras afastan o dúo dos modelos tradicionais para explorar novas formas de diálogo, tensión e complicidade entre ambos instrumentos. O programa presenta unha constelación de linguaxes e miradas arredor dun formato que se reinventa continuamente. A precisión estrutural, a miniatura, a hibridación, a exploración tímbrica e a intensidade do xesto son algunhas das vías polas que estas compositoras transforman o espazo compartido entre violín e piano. Como no mito de Ariadna, o violín convértese no fío que guía a escoita por un labirinto de linguaxes, estéticas e formas de entender a modernidade.