A NOITE DO PATRIMONIO · ESCENA PATRIMONIO
Adelaida vive e traballa na lúa. Serea no inverno e bruxa no verán, alza a súa voz nun esconxuro. A súa formación musical clásica entretécese coa súa formación en Belas Artes e a súa natureza performativa. O resultado é unha aposta fresca, delicada e arriscada na que se exploran os límites e as posibilidades da voz.
A cantante, produtora e letrista catalá sacou o seu segundo álbum, Múerdago, o 19 de xullo. O seu son é un labirinto ASMR repleto de suspiros, gruñidos e desexos rabiosos, un mix experimental, ecléctico e de vangarda que suxeita á voz como protagonista. Cargado de moitas preguntas e poucas respostas, os seus sedosos mantras sonoros pasan do choral ambient á electrónica máis barroca e escura. As vogais sensoriais e a produción meticulosa do álbum expoñen unha viaxe intrínseca guiada pola artista, que exerce como rapsoda.
Neste traballo, a artista conta coa colaboración de Mans O e Pura Cadera como produtoras adicionais e foi masterizado por Rashad Becker.
O álbum estreouse en Sónar 2024 cun set hipnótico, pictórico e atmosférico. Pasou tamén por Waking Life (PT) e Poesia i +, deixándonos con ganas do que está por vir. Inicia viaxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e pasará despois por Barcelona, o MIL Lisboa e Madrid.