ABONO CINEUROPA

DATOS BÁSICOS

Canto custa o abono?

O abono ten un prezo de 30 euros e podes canxealo por 10 entradas.

É persoal? Ten límite de compra?

Non hai límite de compra e non é persoal. É dicir, podes mercar as 10 entradas para un mesmo filme e nunha mesma compra.

Onde o merco?

No despacho de billetes do Teatro Principal ou nesta web.

Como merco o meu abono por internet?

Para mercalo por internet primeiro tes que estar rexistrada nesta web, algo que podes facer aquí. Unha vez rexistrada, entras co teu email e contrasinal e podes mercar o abono no enlace que aparece neste evento arriba á dereita e que pon MERCAR.

Cando o merques chegarache un correo electrónico co abono en pdf por se queres usalo nalgunha compra física na billeteira.

Se o queres usar para mercar as túas entradas por internet, abonda con que navegues pola web con normalidade e cando selecciones a película para a que queres mercar entrada elixas como forma de pago o Abono. Xa che irá descontando as películas ata gastalo.

Cada vez que canxees o abono, chegarache ao mail a entrada ou entradas correspondentes. Ademais, no teu perfil terás todos os teus movementos e abonos activos para coñecer que saldo che queda.

Teño que ensinar o abono na entrada da sala?

Non, non fai falta. O que tes que ensinar é a entrada do filme correspondente (impresa ou ensinándoa no teu dispositivo electrónico).

Podo usar o abono mercado por internet nas billeteiras?

Si, sen problema. Abonda con que leves impreso o abono que che faremos chegar ao teu mail ou simplemente con que nolo ensines no teu dispositivo electrónico.

Podo canxear o abono mercado na billeteira por internet?

Non. Iso non é posible porque ese abono é anónimo e polo tanto non está unido a ningún usuario da web. Ese abono só se poderá canxear nas billeteiras.

En que billeteiras o podo canxear?

Nas do Teatro Principal para os filmes de todas as salas do festival. En NUMAX para os filmes de NUMAX e nos Multicines Compostela para os filmes dos Multicines Compostela.

Entradas: 

ABONOS Á VENTA A PARTIR DO MARTES 6 ÁS 15.30 h

VENTA POR INTERNET en compostelacultura.gal

DESPACHO DE BILLETES do Teatro Principal (aberto desde as 15.30 h ata 5 minutos antes do inicio do último filme)

Prezo: 30 euros

Funcións: 
Martes, 6 Novembro, 2018 a Mércores, 28 Novembro, 2018
Varios lugares