CINEUROPA
CANCIÓNS PARA DESPOIS DUNHA GUERRA
8 FEMMES / 8 MULLERES (2002)
François Ozon
Francia / 103 min / Ficción / Francés, inglés
Ficha artística:
Catherine Deneuve, Emmanuelle Béart, Isabelle Huppert
Ficha técnica:
Guión: François Ozon, Marina de Van. Baseada na obra de Robert Thomas
Fotografía: Jeanne Lapoirie
Edición: Laurence Bawedin
Produción: Mars Films, France 2 Cinema, Gimages 5, BIM Distribuzione, Canal+, CNC, Fidélité Productions
Sinopse:
Anos cincuenta. Nunha gran mansión burguesa en pleno campo, onde se están a facer os preparativos para festexar o Nadal, prodúcese un drama: o dono da casa é asasinado. Evidentemente, a culpable ten que ser unha das oito mulleres que están na casa. Comeza así unha longa xornada de investigación, chea de discusións, traizóns e revelacións, que leva á conclusión de que cada unha delas ten as súas razóns e garda segredos insospeitados. A verdade estalará, cruel e tráxica, desenmascarando os personaxes e poñendo de manifesto as súas mentiras.
Oso de Prata no Festival de Berlín 2002
12 candidaturas, incluíndo a de mellor filme, nos premios César 2002
Mellor actriz nos Premios do Cine Europeo