5.0

DATOS BÁSICOS

SUE MORENO
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 50 min 
Lingua: galego

A Tropa C na Casa

Un espectáculo con equilibrios, acrobacias aéreas variadas, música ao vivo e un sen fin de habilidades dunha das acróbatas máis senlleiras de Galicia. Sue Moreno preséntanos unha diva que se achega aos 50, un corpo que manifesta o paso do tempo e unha pregunta flotando no aire... ¿Canto tempo máis pode ser trapecista?  

5.0 fala de cambios, de premenopausia, de transformación, de envellecemento... pero sobre todo fala de facelo con amor e con moito humor. 

Duración: 
50 min (aprox)
Acceso: 
  • Acceso de balde ata completar capacidade
Info práctica: 
Domingo, 8 Novembro, 2026
18:00
Casa das Máquinas