Alguén que respira! VI Festival de Poesía para Corpo Principal
Despois da lectura do manifesto deste ano por Claudio Rodríguez Fer, poderemos escoitar a dezaoito poetas galegos, desde Helena Villar, Manuel Rivas e Xavier Rodríguez Baixeras a Iago González, Arancha Nogueira ou Tamara Andrés, participando no primeiro acontecemento en Galicia para celebrar a ecopoesía.
A est*s poetas de traxectoria consolidada, únense *s catro gañador*s do Premio respira!, concurso convocado polo festival para fomentar a escrita poética entre o estudantado galego.
Coa poesía deles e delas faremos un percorrido entre o Principal e o Salón Teatro, onde pechará o acto o dúo Clo Plas.