A Sección Internacional da MICE do Museo do Pobo Galego reúne unha selección de obras procedentes de diferentes contextos e cinematografías que comparten unha clara orientación antropolóxica. Sen restricións de xénero, duración ou nacionalidade, esta sección abre espazo tanto ao cinema máis innovador e arriscado como ás prácticas artísticas en vídeo que exploran e superan as fronteiras dos formatos tradicionais. As pezas que a integran propoñen novas maneiras de observar e interpretar as relacións entre persoas, culturas e territorios, ampliando o diálogo da MICE con outras realidades e perspectivas do mundo contemporáneo.
THE HABITANTS
Maureen Fazendeiro
Portugal, Francia
2025 | 42 min.
Obra de no ficción sobre un conflicto racial en una ciudad dormitorio. La película propone una aproximación profunda a la migración y la injusticia, tomando partido sin caer en obviedades. Maureen Fazendeiro retrata con cuidado y calidez paisajes aparentemente idílicos que revelan exclusión, amenazas de nuevos tiempos y ecos de pasados oscuros.
A.
Ramón Balcells
España
2025 | 10 min.
A. propón un percorrido fílmico polos espazos dunha casa baleira de obxectos mais cargada de memoria. A través da textura da imaxe, o son e a narración, a peza constrúe un dispositivo sensorial no que a propia linguaxe cinematográfica semella atravesar un proceso de demencia.
O filme articúlase como un intento, por parte dun fillo e dun neto, de achegarse ao misterio que implica o esquecemento e á experiencia de perder a conciencia de quen somos.
Percebes
Laura Gonçalves, Alexandra Ramires
Portugal
2024 | 12 min.
Co mar e o Algarve urbano como pano de fondo, a película percorre o ciclo vital dun molusco singular: o percebe. Unha peza de animación que observa, dende a delicadeza e a ironía, a relación entre territorio, identidade e transformación.
Preseleccionada para os Oscar á mellor curtametraxe de animación.