21 MICE · SECCIÓN INTERNACIONAL 1

DATOS BÁSICOS

A Sección Internacional da MICE do Museo do Pobo Galego reúne unha selección de obras procedentes de diferentes contextos e cinematografías que comparten unha clara orientación antropolóxica. Sen restricións de xénero, duración ou nacionalidade, esta sección abre espazo tanto ao cinema máis innovador e arriscado como ás prácticas artísticas en vídeo que exploran e superan as fronteiras dos formatos tradicionais. As pezas que a integran propoñen novas maneiras de observar e interpretar as relacións entre persoas, culturas e territorios, ampliando o diálogo da MICE con outras realidades e perspectivas do mundo contemporáneo.

Rain does not make us happy anymore

Yashasvi Juyal

India

2025 | 26 min.

Nos altos Himalaias, a aldea de Lohari permanece somerxida baixo as augas dunha presa hidroeléctrica. O último membro da tribo Jaunsari, que vive entre os restos do seu pobo inundado, evoca un tempo no que a terra latexaba con maxia. A través de cartas dirixidas a unha moza xa ausente, o relato do rapaz vaise despregando, diluíndo as fronteiras entre realidade e mito.

Seen From Here, I Feel Like Belonging

Emilia Auhagen-Kuoppamäki, Leon Emonds-Pool

Alemaña

2025 | 30 min.

Xuño de 1971. Nunha paisaxe situada completamente por debaixo do nivel do mar, un novo estudante de bioloxía morre no último ano dos seus estudos, deixando atrás unha colección científica inacabada. Décadas despois, un grupo de ecoloxistas e persoas voluntarias tenta comprender e documentar ese mesmo ecosistema no presente.

O día que tal

Pablo Casanueva

España

2025 | 14 min.

Filme construído arredor da memoria e dos mecanismos do recordo, El día que tal propón unha aproximación sensible á experiencia da ausencia e ás formas nas que o pasado persiste, se transforma e se reconfigura no presente.

 

Acceso: 

ENTRADAS PARA CADA SEDE:

  • TEATRO PRINCIPAL: con antelación no despacho de billetes da Zona C (Praza de Cervantes. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. tel.: 981 542 462).  Tamén se poden coller na billeteira do Teatro desde 1 hora antes do comezo das proxeccións.  

  • NUMAX: na web ou na billeteira do cinema

  • MUSEO DO POBO GALEGO: na recepción do Museo desde 1 hora antes do comezo da proxección.

Info práctica: 
Xoves, 12 Marzo, 2026
20:30
Teatro Principal