20 MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO
SECCIÓN OFICIAL INTERNACIONAL
A SAVANA E A MONTANHA
Paulo Carneiro
Portugal / Uruguay, 2024
77 min. VOS
A comunidade de Covas do Barroso, no norte de Portugal, descobre que a empresa británica Savannah Resources planea construír a maior mina de litio a ceo aberto de Europa a poucos metros das súas casas. Fronte a esta ameaza inminente, o pobo decide organizarse e expulsar a empresa das súas terras.