20 MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO
SECCIÓN OFICIAL INTERNACIONAL
EROS
Rachel Daisy Ellis
Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.
Brasil, 2024
107 min. VOSG
[Estrea en España]
Os moteles de amor en Brasil son un refuxio onde a fantasía se converte en realidade. Cando a cita da cineasta nunca chega, ela ten unha nova idea para unha película. A través de imaxes persoais, en ocasións bastante explícitas, filmadas polos propios participantes, Eros presenta as formas únicas e singulares nas que as persoas levan a cabo as súas relacións íntimas e románticas e como estes comportamentos reflicten as normas sociais e outras realidades máis amplas. O resultado é unha visión caleidoscópica dun mundo paralelo do desexo humano.