CINEUROPA
NOVOS/AS CINEASTAS
1976 (2022)
Manuela Martelli
Chile, Arxentina, Qatar / 95 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Aline Kuppenheim, Nicolás Sepúlveda, Hugo Medina, Alejandro Goic
Ficha técnica:
Guión: Manuela Martelli, Alejandra Moffat
Fotografía: Yarará Rodríguez, A.D.F.
Edición: Camila Mercadal
Produción: Dominga Sotomayor, Alejandra García, Andrés Wood
Sinopse:
1976, Chile. Carmen marcha para a praia coa intención de supervisar a remodelación da súa casa. O seu home, os fillos e os netos van e veñen nas vacacións de inverno. Cando o sacerdote da familia lle pide que coide a un mozo que aloxan en segredo, Carmen entrará en territorios inexplorados, lonxe da vida tranquila que adoita levar.
Manuela Martelli (Santiago de Chile, Chile). Interveu como actriz en títulos como Machuca (Andrés Wood, 2004), Malta con huevo (Cristóbal Valderrama, 2007), La buena vida (Andrés Wood, 2008) ou Il futuro (Alicia Escherson, 2013). Na súa faceta detrás da cámara dirixiu as curtametraxes Apnea (2015) e Marea de tierra (2016), presentada en Sundance. No 2015 participou na película colectiva Chile Factory.
Mellor ópera prima no Festival de Xerusalén 2022
Sección ‘Quinzaine des réalisateurs’ do Festival de Cannes 2022
Sección ‘Horizontes latinos’ do Festival de San Sebastián 2022
PRESENTACIÓN E COLOQUIO na sesión do xoves 17 ás 20.00 h en NUMAX.