THE ÓPERA LOCOS

DATOS BÁSICOS

YLLANA

Idade recomendada: todos os públicos

Duración: 85 min

Lingua: castelán

Premio Max ao mellor espectáculo musical 2019

Unha peculiar troupe de ópera, composta por cinco excéntricos cantantes, disponse a realizar un recital cun repertorio dos máis grandes compositores do xénero. Ao longo da representación iranse desvelando as paixóns ocultas e os anhelos de cada un deles, que traerán consecuencias disparatadas e difíciles de predicir. Será unha noite para recordar!

Cinco cantantes líricos son os protagonistas de The Opera Locos, un espectáculo cómico operístico no que os grandes éxitos da ópera se fusionan con outros estilos musicais da forma máis orixinal. Cunha singular posta en escena, coidada estética e o sentido da comedia de Yllana, The Opera Locos consigue crear unha experiencia nova e diferente á hora de experimentar a ópera e, sobre todo, achegala a todos os públicos dun xeito fresco, divertido e nada usual.

Idea orixinal: Yllana e Rami Eldar

Creado e dirixido: Yllana

Dirección Artística: David Ottone e Joe O’Curneen

Dirección musical: Marc Álvarez e Manuel Coves

Voces:

  • Mayka Teba, mezzosoprano
  • Juan Carlos Coronel, contratenor
  • Carolina Rocío Gómez, soprano
  • Javier Agulló, tenor
  • Axier Sánchez, barítono

Vestiario e escenografía: Tatiana de Sarabia

Deseño de iluminación: Pedro Pablo Melendo

 

Web de Yllana: yllana.com

Duración: 
85 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

14 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 6 Marzo, 2021
19:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia