ÁRVA / ORPHAN / ORFO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

ÁRVA / ORPHAN / ORFO (2025)

László Nemes

Hungría, Reino Unido, Alemaña, Francia  / 132 min / Ficción / Húngaro

Ficha artística:

Bojtorján Barabas, Andrea Waskovics, Grégory Gadebois

Ficha técnica:

Guión: László Nemes, Clara Royer

Fotografía: Mátyás Erdély

Edición: Péter Politzer

Produción: Jori Eisen, Mike Goodridge, Martin Hampel, Gregory Jankilevitsch, Thanassis Karathanos, Ildikó Kemény, Michael Kupisk, Olivier Père, Alexander Rodnyansky, Yoav Rosenberg, Juliette Schrameck, Gábor Sipos, Klaudia Smieja, Judit Stalter, Ferenc Szále, J.D. Zacharias

Sinopse:

Budapest, 1957. Tras o levantamento contra o réxime comunista, o mozo Andor intenta reconstruír a súa vida cando regresa o seu presunto pai, a quen cría morto. Mais o home violento e autoritario que aparece nada ten que ver coa figura idealizada que Andor gardaba na memoria. A través desta historia íntima, László Nemes explora con fonda humanidade o trauma da infancia nun tempo de convulsión política, tecendo unha reflexión sobre a identidade, os vínculos familiares e as feridas dunha nación marcada pola historia.

László Nemes estudou Historia, Relacións Internacionais e Guión en París e traballou como asistente de dirección en Francia e Hungría. Posteriormente formouse en Dirección Cinematográfica na Universidade de Nova York. As súas curtametraxes —Türelem, The Counterpart e The Gentleman Takes His Leave— foron premiados en máis de cen festivais internacionais. O seu debut, O fillo de Saúl (2015), estreouse en Cannes, onde obtivo o Gran Premio do Xurado, ademais do Globo de Ouro e o Óscar á Mellor Película de Fala Non Inglesa. En 2018 presentou Solpor en Venecia, onde recibiu o Premio FIPRESCI.

 

Sección Oficial da SEMINCI 2025

Sección Oficial do Festival de Venecia 2025

 

Duración: 
132 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  •  En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    •  NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADA

Info práctica: 
Martes, 18 Novembro, 2025
21:00
Teatro Principal
Sábado, 22 Novembro, 2025
19:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA

ORPHAN dir. László Nemes (International Trailer)