Zona C. Punto de Información Cultural

A Zona C. Punto de Información Cultural inaugurouse en maio do 2021 no edificio da antiga Casa do Concello na Praza de Cervantes (Preguntoiro, 1). Trátase dun espazo multidisciplinar que acolle o principal punto de venda de entradas de Compostela Cultura (Auditorio de Galicia e Teatro Principal), ademais de intervencións artísticas e actividades diversas.

Enderezo
Preguntoiro, nº 1 (Praza de Cervantes)
Teléfono: 981 54 24 62
Horario
De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h
En agosto ou festivos o horario pode cambiar
 
Zona "C" [2007-2019]. San Domingos de Bonaval
Inaugurada o 13 de marzo de 2007 como espazo de intervención para a arte emerxente, a Zona "C" situada en San Domingos de Bonaval pechou no ano 2019 por mor da reforma integral do Museo do Pobo Galego.
Nos primeiro anos de andadura veu de acoller proxectos de intervención artística e de comisariado, este último en colaboración co Máster de Arte, Museoloxía e Crítica contemporánea da USC. Espazo dependente da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago e xestionado desde o Auditorio de Galicia consolidouse como lugar de referencia para proxectos específicos que non atopaban espazo nos lugares habituáis de exhibición.
Será  no ano 2015 cando a concellaría puxo en marcha a primeira Convocatoria de creación en artes visuais nas modalidades de Proxectos de intervención artística, Proxectos de comisariado e  Comunicación gráfica. O resultado do proceso de selección, a cargo dun comité de expertos, conformou a programación do espazo que pretendía continuar a ser contedor vivo para unha cidade que quere ser foco creador e capital cultural permanente. A Zona "C", como lugar de intercambio de ideas acolleu encontros que afondaron en novos modos de mediación cultural como as experiencias que xa teñen narrado Joana Hurtado do Can Felipa, David Rodríguez AKA Tina Paterson, ou a editora independente portuguesa Bárbara Bulhosa ao que se foron sumando novos nomes.

De 2007-2015 interviñeron o espazo: Juan Carlos Bracho, Suso Fandiño, Mauro Trastoy, Santi Jiménez, Marga Crespo, Manuel Eirís, Rita Rodríguez (Ana Justo Rodríguez, Comisaria), Amaya González, Sara Fuentes Cid, Montse Rego, Jesús Madriñán (Clara Rodríguez Cordeiro, comisaria), Esther Ruiz de Pablos, Antía Moure, Nuria Ruibal (Ana Amado, comisaria), Colectivo Batbirulau, Carolina Caluori (Basilisa Fiestras, comisaria), Iván Prieto (Cristina Moreira, comisaria), Enrique Lista (María Marco Covelo, comisaria), Colectivo As Churras, Jesús de la Iglesia (Rocío Figueroa Guisande, comisaria), Christian García Bello (Candela Rajal Alonso, comisaria), Colectivo Ergosfera (Cristina Canto, comisaria), Carolina Cruz Guimarey (Clara Rodríguez Cordeiro, comisaria), María Castellanos e Diego Vites (comisaria Ania González). Nesta etapa o espazo tamén acolleu proxectos transversais como a Cidade Interpretada, Ukelele Kit Project ou Curtocircuíto así como concertos e micro teatro.

De 2016-2019 o espazo acolleu o resultado das seleccións da convocatoria de creación en artes visuais con proxectos seleccionados por un comité de expertos en arte e cultura. Foron os de Neves Seara, Jacobo Bugarín, Carlos Alba e Marta Bran. Sendo proxectos de comisariado o de María Marco Covelo con obra do artista Joan Morera Arbones e o da comisaria Desirée Vidal Juncal con obra dos colectivos Oficina Arará (PT), Club del dibujo (AR) e O botafumeiro (GZ). Catarina Dantas realizou a comunicación gráfica. A seguir na seguinte convocatoriao foron os proxectos de intervención artística de Amine Asselman, Olalla Castro e Nicoleta Moise, Marcos Covela, Alejandra Pombo, Aaron Sanromán, Brais Rodríguez e a intervención de Rosendo Cid comisariado por Rosa Neutro. 

Zona C. Punto de información cultural [2021-]. Praza de Cervantes

Aberto o novo espazo, nun edificio catalogado BIC no que fora primeiro concello de Santiago de Compostela, na Praza de Cervantes, ponse en marcha unha nova chamada a presentación de proxectos. As primeiras intervencións no novo espazo veranse no ano 2022 coas intervencións dos seguintes artistas  e curadores: as artistas Raquel Álvarez, Marina Aradas, Tamara Goberna, Andrea Mosquera e Lucía Perdiz, co comisariado de Aldara Vázquez e Iris Rodríguez, e das/dos artistas Fran Rodríguez Casal, Mar Ramón Soriano, Julia Huete e a residencia literaria de Constance Hurlé a seguir na seguinte convocatoria dos traballos de Nerea Cordeiro, Javier Martín comisariado por Sergio Meijide e Ana Moure Rosende (colectivo La Cuarta Piel). Ocupan tamén o espazo diferentes actividades de mediación e proxectos singualares como Xela Arias (que abre esta nova etapa), Ruxe Ruxe, Sala Nasa, Alfonso Zarauza ou fotografías da Praza de Abastos de Rafa Pasadas.