Curtocircuíto19

Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema, naceu en 2004 coa intención de potenciar e premiar a creación audiovisual no eido da curtametraxe e xa se converteu nun referente internacional deste formato. Este ano 2019 celebramos a 16ª edición do 28 de setembro ao 6 de outubro.

Na sección oficial deste destacado festival, que traballa en contacto directo cos grandes festivais europeos, compiten filmes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de duracións e formatos. Comprometido co seu tempo apoia aos creadores e creadoras e tenta chegar a todo o público como punto de encontro lúdico cultural coa programación de actividades paralelas.

Organizado polo concello de Santiago de Compostela, e coa xestión do Auditorio de Galicia  conta co apoio da ICAA (Instituto de Cinematografía y de las Artes Visuales), AGADIC e da Deputación de A Coruña.

Web do festival: http://curtocircuito.org/es