RFG: 'A SOMBRA DE CRISTAL' (DÍA 10)

DATOS BÁSICOS

TEMPORADA ABONO 2021 -22

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

A RFG vai poñer en escena dúas óperas en coprodución con Amigos da Ópera de Santiago, coas voces da soprano María Hinojosa e o barítono César San Martín. Abrirá o concerto “La Serva Padrona” de Pergolessi. Estrearase ademais “A sombra de cristal” de Fernando Buide, unha ópera bufa con texto en galego e dirección escénica de Quico Cadaval, un encargo da RFG en coprodución co Centro Dramático Galego, coa colaboración da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago e co apoio do Xacobeo 2021-2022.

Paul Daniel, director
María Hinojosa, soprano
César San Martín, barítono

G. B. Pergolessi: La serva padrona
F. Buide del Real: A sombra de cristal*

*Estrea absoluta. Encargo RFG
Quico Cadaval, texto e director de escena

Previamente, ás 19.45 h na Sala Mozart, Conversando con... Quico Cadaval e Fernando Buide.

Entradas: 
  • VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 7 DE OUTUBRO_11.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026
    • (Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 10 Decembro, 2021
20:30
Auditorio de Galicia