Xornadas de Música Contemporánea

As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago, en colaboración coa USC, o Consorcio de Santiago, a Deputación da Coruña e o CGAC  e outras entidades galegas e internacionais.

Estas Xornadas, que se celebran no mes de xuño, teñen o obxectivo de promover e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea, poñendo o foco sobre ela e poñéndoa en valor ao carón dos xa considerados clásicos do século XX.