Programa Didáctico

A concellaría de Acción Cultural programa cada tempada un programa didáctico dirixido a escolares de Santiago e de toda Galicia. Organizados a modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, danza, teatro, música tradicional, etc. Ademais póñense a disposición dos centros de ensino guías didácticas, que se atopan nas fichas de cada un dos eventos que podedes ver a continuación, para traballar na aula cos seus mestres con anterioridade á asistencia ao evento.

Nas fichas de cada un dos eventos, aparece a GUÍA DIDÁCTICA para descargar, así como máis información dos mesmos.