COMUNICADO DE CESE DA ACTIVIDADE CULTURAL

Co obxectivo de frear o avance do COVID-19, o Concello de Santiago tomará as seguintes medidas provisionais, á espera de coñecer os acordos ao respecto do Consello de Ministros e da publicación das instrucións da Xunta de Galicia:

Interrómpese a actividade escénica de todos os seus espazos – Auditorio de Galicia e Teatro Principal– co fin de prever a saúde das e dos espectadores, incluídas as representacións previstas para hoxe.

O peche terá lugar durante os próximos 15 días naturais a partir da data de hoxe, sen prexuízo das posibles prórrogas que se poidan acordar de aquí en diante polas autoridades sanitarias.

ADIAMENTO E/OU SUSPENSIÓN DAS ACTUACIÓNS

Nas próximas horas tentarase en primeiro lugar adiar os eventos e actividades culturais afectadas. De non ser posible por cuestións de calendario e axenda, estas serán suspendidas. A modificación da data ou a suspensión serán comunicadas polas canles habituais.

PARA A DEVOLUCIÓN DAS ENTRADAS

– De ser posible cambio de data para as funcións, a/o espectador pode manter as súas localidades.

En caso de suspensión definitiva das función:

Para as entradas mercadas en compostelacultura.gal, unha vez comunicada a suspensión procederase ao reembolso de forma automática, na mesma conta da tarxeta coa que se fixo a operación

Para as entradas mercadas na billeteira do Teatro Principal a devolución farase na propia billeteira, unha vez finalizadas as medidas de restrición. Unha vez rematado o período de restrición comunicarase os días dispostos para a devolución.

ABONADAS/OS RFG

– Unha vez rematadas as medidas de restrición, procederase a contactar con todas e todos os abonados para proceder aos reembolsos oportunos

ACTIVIDADES REALIZADAS POR OUTROS PROMOTORES NAS INTALACIÓNS MUNICIPAIS

Tamén quedan suspendidas as actividades realizadas por outros axentes nas instalacións municipais. Cada promotor deberá informar debidamente do posible cambio de data ou suspensión do evento concreto.

MÁIS INFORMACIÓN

Para máis información polas sobre as medidas tomadas noutros ámbitos polo Concello de Santigao clika nesta ligazón

LIGAZÓNS